No xornal El País hoxe aparecía unha nova sobre a débeda que os equipos de fútbol teñen co erario público en España, isto é, con todos nós: 725 millóns de euros. Case nada. En perspectiva, nin sequera estamos a falar do deporte español, inda que algúns pensen que non hai máis deporte co fútbol. Esos 725 millóns son por exemplo o que vai amputar o goberno de España (en principio, xa veremos os presupostos) en investigación no 2012 + un extra de 125 millóns, ou o que é o mesmo, o custe de uns 600 contratos para investigadores Ramón y Cajal para os próximos cinco anos. Ou 600 parados menos con garantía de emprego de moi alta calidade durante os próximos cinco anos.
Como decía algún por ahí os franceses están indignadísimos e trémenlle as pernas pola supremacía deportiva mundial de España (a cal indubidablemente amosará nos próximos xogos olímpicos de este ano). Se puideran elexir entre os seus datos de paro e os nosos e gañar o Tour, quedaban co Tour.
Por certo, ¿coñecen
Asco de Vida?. Estou por postear algo tal que:
onte o presidente dixo que debido a crise este ano ten que elexir entre embargar propiedades e dereitos os clubes de fútbol ou mandar ó paro a 3000 científicos durante os próximos cinco anos. Elexiu mandar o paro a 3000 doutores. Asco de Vida.
Nota: ¿por qué uso o termo «amputar»?. Sinxelo, os políticos que non son estúpidos falan de «recortes». Este termo pode xogar unha mala pasada, dando a primeira vista idea de que se corta de aquelo que sobra. Todo o mundo asocia a amputación con un membro do corpo normalmente e sabe que non lle sobra a cabeza ou unha perna. A investigación tampouco sobra, é primordial. Eu sei que gracias a ela podo viaxar semanalmente a ver a familia e non teño que lavar a man a louza e moitas outras cousas.
Comentarios
dom, 25.11.2012 02:38
Me vo lverá s loc a con tan [...]
mi, 24.10.2012 09:28
Esper o que no,q ue pr onto [...]
jue, 27.10.2011 00:51
vie, 17.06.2011 00:25
iimag inate si u na te lle [...]